Novas de Abadín
A IV Volta á Terra Chá Clásica reuniu afeccionados ao ciclismo clásico en Santaballa
A proba, organizada por Biciclistas Galegos, percorreu 70 quilómetros por Santaballa, Cospeito e Abadín e contou coa participación do excorredor profesional Iñaki Gastón
Gálgao prepárase para a Romaría de San Cosme da Montaña a próxima fin de semana
A programación inclúe misas, procesión, sesión vermú, servizo de comida e verbenas con Fuxsión Latina, Trío Calibre e Manhathan
Vilarente, en Abadín, celebra esta fin de semana as festas na honra a Santa Margarita
Os festexos comezarán o venres 18 cunha churrascada a partir das 21:30 horas, que contará coa actuación de Judith Cundíns
Socialistas de Abadín reclama unha solución aos problemas de evacuación da auga no barrio do Coido
Pablo Díaz denuncia que a última tormenta puxo en evidencia a insuficiencia das arquetas e das reixas instaladas na parroquia, onde unha familia con dúas nenas pequenas teme novos episodios de choiva intensa
A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026: consulta canto durará en cada concello da Terra Chá
Os municipios da Terra Chá preparan a observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto, un fenómeno histórico que permitirá contemplar máis dun minuto de totalidade en toda a comarca
O Sindicato Labrego acusa á Xunta de favorecer ás empresas na avaliación ambiental dos proxectos
A organización critica a nova guía anunciada polo Goberno galego e reclama máis medios para garantir a participación da cidadanía nos procedementos
A vaga de calor leva a Abadín a pedir un consumo responsable da auga para garantir o abastecemento
O Concello chama á colaboración da veciñanza tras o aviso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola escaseza de precipitacións e a situación de prealerta por seca
O PSdeG de Abadín pide a dimisión do alcalde tras a expulsión do seu voceiro durante o Pleno
Os socialistas denuncian un intento de impedir o labor de control da oposición e reclaman explicacións sobre desfibriladores e contratacións municipais
Abadín renovará 156 puntos de luz con tecnoloxía LED para mellorar a eficiencia enerxética
O proxecto, financiado integramente polo Fondo de Compensación Ambiental, suporá un investimento de máis de 94.000 euros e permitirá reducir o consumo eléctrico e os custos de mantemento
O SLG convoca o mércores en Gontán unha charla informativa sobre os proxectos de plantas de biogás
O encontro celebrarase ás 21.30 horas no Local do Darío, situado ao carón da nave do Cuba, e está aberto á participación da cidadanía interesada en coñecer máis detalles sobre estas iniciativas
O CIM móbil achegará asesoramento e apoio ás mulleres en Abadín este martes
Esta unidade ofrece información, orientación e acompañamento en diferentes ámbitos, incluíndo apoio psicolóxico, social e xurídico
O Abadín CF despide ao seu capitán Regueira
Os actos conmemorativos arrincarán ás 19.30 horas no campo Municipal de Abadín coa disputa dun emocionante partido de fútbol
A Deputación destina un millón de euros a estradas na Terra Chá e en Viveiro
A Xunta de Goberno licitou este venres un proxecto por case 250.000 euros para dúas vías provinciais en Abadín e tamén adxudicou obras en Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei e Viveiro por case 735.000 euros
Abadín avanza na mellora da súa rede de camiños municipais con novas actuacións de asfaltado
Desde o goberno local destacan que estas obras forman parte do compromiso do Concello por manter e renovar os servizos básicos en todas as parroquias
O IV Rumboia Viva consolídase en Abadín cunha multitudinaria participación e unha intensa xornada cultural
A excelente resposta do público, xunto coa presenza dos postos de artesanía e a oferta gastronómica, contribuíu a converter esta cuarta edición nun éxito organizativo e de participación
Corvite e Aldixe celebran as festas de San Pedro sábado e domingo
Como atractivo especial, haberá colchonetas de balde para a cativada nas dúas citas
Eventos
OcioenGalicia
I Encuentro Forestal del Noroeste en Ribadeo
OcioenGalicia
XII Foliada da Mariña de Xove
Abadín volverá contar este verán cun campamento para nenos
Será gratuíto para nenos de 3 a 14 anos entre o día 13 de xullo e o 14 de agosto.
Castromaior celebrará as festas de San Xoán cun intenso programa musical e actividades para todos os públicos
Os festexos comezarán o sábado cunha misa solemne ás 13.30 horas, seguida da tradicional procesión e dunha sesión vermú amenizada pola formación Alaska
Continúan os traballos de mellora da rede viaria municipal en Abadín
Nos últimos días executáronse actuacións no acceso aos Caseiros, na parroquia de Baroncelle, así como no acceso á Igrexa das Goas
O PSdeG de Abadín critica o estado o do campo de fútbol municipal e pide actuacións urxentes
Os socialistas denuncian deficiencias de mantemento nas instalacións deportivas e reclaman melloras inmediatas en desbroce, accesos e conservación xeral do recinto.
Abadín inicia as obras de aglomerado asfáltico en A Carballeira para mellorar a seguridade viaria
Permitirán acondicionar e renovar o firme desta vía, mellorando as condicións de tránsito e favorecendo unha comunicación máis cómoda e segura
Villares continúa a ronda de reunións cos concellos visitando Abadín
Xunto ao alcalde abordou algúns dos principais proxectos froito da colaboración, como a futura residencia municipal de maiores, á que o Goberno galego achegou 1,2 millóns de euros
A Deputación inicia as obras da estrada que une Foxas e Canteirada en Abadín
Inviste máis de 300.000€ para mellorar a drenaxe, acondicionar o firme co estendido de aglomerado en quente e repoñer a sinalización ao longo de case todo o seu trazado








