Villares participou en Abadín nos actos contra a violencia de xénero

TerraChaXa
O delegado da Xunta salientou a importancia de educar en igualdade e sensibilizar dende a infancia
acto-violencia-de-xenero-abadin
25 Nov 2026

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Alfonso Villares, sumouse hoxe ás actividades organizadas no CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

O acto foi promovido pola Anpa e reuniu á comunidade educativa no patio do colexio, nun acto para sensibilizar contra a violencia de xénero e reivindicar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

Esta acción deu continuidade a un ‘scape room’ para alumnado de Primaria celebrado onte tamén con motivo do 25-N, co fin concienciar aos escolares de maneira lúdica sobre a importancia da igualdade, o respecto e a convivencia.

Villares salientou a importancia de educar en igualdade e sensibilizar dende a infancia, como ferramenta para previr e combater a violencia machista en todas as súas manifestacións.

0.14758014678955