Novas de Cospeito
Entregado o galardón do certame Torre de Caldaloba de Cospeito a Paloma Sas
Nesta convocatoria presentáronse un total de 30 traballos, unha participación que pon de manifesto o interese que esperta este concurso, caracterizado pola calidade das propostas recibidas
Francisco Conde destaca o compromiso de Feijóo coa caza sostible nun encontro con cazadores da Terra Chá
O candidato do PP ao Congreso por Lugo asegura que o líder popular asinou o decálogo da Real Federación Española de Caza para defender o sector, reducir a burocracia e garantir seguridade xurídica
Muimenta celebrará o XVIII Mercado de Nadal con 2.200 euros en premios e a participación de 22 negocios
A campaña manterá a contía dos premios das edicións anteriores, cun total de 1.700 euros distribuídos en 17 vales de 100 euros cada un
Cospeito presenta a XXXVII Feira do Porco da Ceba, que se celebrará o 28 de novembro
Incluirá un showcooking pig con degustación de produtos típicos do porco e maridaxe con bebidas galegas, así como un master class de vermú con degustación
A Moexmu de Muimenta prepara a súa 43ª edición para abril de 2027
María José Gómez participou no encontro de confraternidade previo á mostra, que incluirá concursos de gando, unha poxa de exemplares selectos e actividades para a mocidade
A agrupación teatral Xa-Tá representa este sábado en Muimenta a comedia 'Por un puñado de grelos'
A obra, escrita por Guillermo Canceló, comezará ás 20.00 horas na Casa da Cultura
A Escola de Pino acollerá un curso de cerámica en novembro e decembro
A actividade terá lugar seis sábados, concretamente os días 14, 21 e 28 de novembro e 5, 12 e 19 de decembro
Seixas prepárase para celebrar a quinta edición do seu Magosto Veciñal e Cultural
A organización habilitará unha carpa con calefacción para garantir a comodidade dos asistentes e avisa que o prazo para anotarse remata o domingo 8
Cospeito pon en marcha unha ximnasia de mantemento para persoas adultas e maiores
A actividade comeza hoxe, 3 de novembro, e ofrecerá dúas sesións semanais centradas na mobilidade, o exercicio cardiovascular suave e o fortalecemento muscular
Cospeito organiza un Samaín terrorífico para os máis pequenos na Casa da Cultura de Feira do Monte
A iniciativa está pensada para facilitar a participación dos máis pequenos nunha xornada sen clase, cunha programación temática centrada no Samaín
Vilapene celebra o seu magosto o último sábado do mes
A organización lembra que o prazo para inscribirse remata o 24 de outubro
Arranca unha nova edición do campionato galego de cetrería en Cospeito
Terá lugar os vindeiros 23, 24 e 25 deste mes, na zona habilitada do Arneiro, no concello de Cospeito
Santalla de Rioaveso celebra as súas patronais esta fin de semana
A música correrá a do dúo Belinda, Saudade e o grupo Fénix
Organizan a V Carreira Popular Concello de Cospeito para o domingo 25
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 22 de outubro ás 23:59 horas a través da páxina web ccnorte.com
O comercio local de Muimenta, Cospeito e Castro de Rei reparte 1.000 euros en premios
A campaña "Merca no teu comercio" rexistrou 2.282 tíckets entre o 15 e o 30 de setembro e premiou 20 consumidores con tarxetas prepago de 50 euros para gastar nos establecementos de proximidade
A Deputación firma a venda dunha nova parcela no polígono da Feira do Monte
A mandataria provincial asinou no Pazo de San Marcos o acordo deste terreo no que se creará un taller mecánico de tractores
Eventos
OcioenGalicia
Programa de Navidad de Vilalba
OcioenGalicia
Mercado de Primavera de O Valadouro 2027
OcioenGalicia
Nadal As Pontes
Irimia reclama axilizar o Plan de Inundabilidade para desbloquear o PXOM de Cospeito
O concelleiro non adscrito preguntou por tamén polas obras previstas no Centro de Día Vila de Valverde e pola cuberta do CPI Virxe do Monte
O VI Magosto Cal da Loba homenaxeará a Elena Ferro e Isabel Carracedo por dúas traxectorias ligadas á comunidade
A celebración será o 24 de outubro actuando a primeira de pregoeira mentres que a farmacéutica recibirá o Título Honorífico
A Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas anuncia os seus cursos para o 2026-2027
Inclúe actividades de costura, calceta e gancho, pilates, bailes de salón e ritmos latinos e clases de baile tradicional para nenos e adultos
Cospeito abre o luns o prazo para anotarse ás escolas deportivas
As disciplinas ofertadas son as mesmas de anos anteriores, aínda que as máis demandadas en pasadas edicións foron fútbol sala, natación, ximnasia rítmica, tenis e patinaxe
A unidade móbil de doazón de sangue está este luns en Cospeito
O vehículo prestará servizo diante do concello, entre as 10.00 e as 14.00 horas
Roás celebra esta fin de semana as súas festas e inclúe una degustación de produtos de razas autóctonas
Terá lugar o domingo 27, a partir das 14.30 horas, no campo da festa, onde se ofrecerán petiscos de xamón de Porco Celta, hamburguesa de carne de Limiá e empanada de Galo de Mos
A IV Volta á Terra Chá Clásica reuniu afeccionados ao ciclismo clásico en Santaballa
A proba, organizada por Biciclistas Galegos, percorreu 70 quilómetros por Santaballa, Cospeito e Abadín e contou coa participación do excorredor profesional Iñaki Gastón







