Cospeito pon en marcha unha ximnasia de mantemento para persoas adultas e maiores

TerraChaXa
A actividade comeza hoxe, 3 de novembro, e ofrecerá dúas sesións semanais centradas na mobilidade, o exercicio cardiovascular suave e o fortalecemento muscular
ximnasia-maiores-imaxe-xenerica
3 Nov 2026

O Concello de Cospeito e a Asociación Cultural de San Martiño de Pino organizan unha nova actividade de ximnasia de mantemento dirixida a persoas adultas e maiores, independentemente do seu nivel físico. A iniciativa busca promover hábitos saudables a través do exercicio moderado e divertido, contribuíndo a mellorar a mobilidade e coidar a saúde.

As sesións comezan hoxe, 3 de novembro, e desenvolveranse no horario de 18.45 a 19.45 horas. A programación contará con dúas sesións semanais: unha dedicada ao traballo cardiovascular e outra centrada no exercicio de forza.

As actividades incluirán exercicios de mobilidade articular e flexibilidade, propostas cardiovasculares suaves, fortalecemento muscular, traballo de equilibrio e estiramentos. O obxectivo é mellorar a mobilidade, fortalecer músculos e articulacións e favorecer tanto o benestar físico e emocional como a convivencia e a socialización.

As sesións terán lugar en espazos adaptados facilitados polas asociacións participantes, concretamente no Local Social de Pino e no Pavillón Municipal de Deportes.

A iniciativa pretende ofrecer unha alternativa de actividade física accesible para a poboación adulta e maior do municipio, promovendo o mantemento dunha vida activa nun ambiente participativo.

0.12693405151367