Novas de Vilalba
Vilalba impulsa o Voluntariado Marrón cun punto informativo hoxe no campo da feira
A iniciativa está aberta a todas aquelas persoas e negocios que queiran colaborar cunha xestión máis sostible dos residuos
Vilalba acollerá a proxección do documental '360 curvas. Nacer a medio camiño', gañador dos Premios Mestre Mateo 2026
Esta será a novena proxección do ciclo, que ofrece durante os próximos meses a oportunidade de achegarse ás películas finalistas
Nete contará cun curso gratuito de memoria para mellorar a autonomía e o benestar diario
As sesións terán lugar todos os luns, en horario de 17:00 a 18:00 horas, e comezarán o vindeiro 16 de novembro
O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba organiza un Magosto Infantil o venres 13 de novembro
A xornada dará comezo ás 17:00 horas e contará cunha programación variada na que non faltarán os xogos populares, os contacontos e os obradoiros de manualidades
Olimpia López defende en Vilalba ante a mocidade o pensamento crítico, a empatía e a liberdade
A subdelegada do Goberno asistiu á representación da obra teatral 'Melón Pelado', dirixida ao alumnado de primeiro curso de Bacharelato do IES Santiago Basanta
A ITV agrícola estará en O Santo, en San Lourenzo de Árbol, mércores e xoves
O servizo estará dispoñible en horario de mañá, de 9:00 a 13:30 horas, e de tarde, de 15:15 a 18:00 horas, para facilitar a revisión dos vehículos
O Club de Loitas Olímpicas Vilalba logra dous ouros e dúas medallas no Memorial Alexander Kachalaev
A entidade vilalbesa desprazouse ata a localidade pontevedresa cunha pequena representación das categorías U15 e sénior
Lanzós celebra a fin de semana do 14 e 15 as festas na honra a San Martiño
A festa continuará o sábado cunha gran verbena na que volverá actuar esta formación, acompañada pola orquestra Suavecito
Vilalba acollerá unhas xornadas sobre inmigración con relatorios, música e dúas exposicións
A Casa da Cultura reunirá os días 13 e 14 de novembro relatorios sobre mediación intercultural, desinformación e diversidade migratoria, xunto cunha intervención musical e dúas mostras abertas ata decembro
Volve o domingo Vintalba, o mercado de segunda man de Vilalba
A Praza de Santa María acollerá preto dunha vintena de postos con roupa, libros, xoguetes, decoración e artigos de coleccionismo, entre outros produtos
Vilalba aprobou un investimento de máis de 545.000 euros para mellorar infraestruturas e servizos no municipio
O pleno extraordinario celebrado onte deu luz verde a actuacións en rúas, instalacións municipais e parroquias
A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza unha liscada e a súa asemblea anual o sábado
A xornada celebrarase na Escola do Santo, onde a entidade convocará os socios para facer balance das actividades, aprobar as contas e presentar novas propostas
Vilalba acolle a proxección da longametraxe San Simón dentro do ciclo Mestre Mateo 2026
A película de Miguel Ángel Delgado poderá verse este sábado, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal, con entrada gratuíta e reserva previa de localidade
Villares destaca o “dinamismo” do CEIP Terra Chá, que duplicou o número de alumnos
O delegado territorial da Xunta en Lugo visitou o colexio, situado na parroquia de Román, onde agradeceu ao profesorado o seu compromiso
Vilalba pedirá hoxe a aprobación de investimentos por valor de 545.871 euros
O pleno extraordinario, convocado para este martes ás 9.00 horas, abordará un crédito extraordinario con cargo ao remanente municipal e a actualización do proxecto para mellorar o acceso ao núcleo de Ver, en Goiriz
Vilalba celebra o Samaín cunha tarde de xogos, música e concurso de cabazas
Na categoría familiar, a familia Canto Folgueira acadou o primeiro posto, seguida de Aliani, que quedou en segundo lugar, e de Noelia Montes, terceira clasificada
Eventos
A Tasca do Liño reúne centos de persoas en Insua na súa XVIII edición
Rubén Riós foi o encargado de pronunciar o pregón dunha celebración que reivindica o legado do liño, os oficios tradicionais e o papel das mulleres rurais
O IESCHA proxectará unha película polos Días de Cine Palestino arredor do Mundo
Terá lugar o luns 2 de novembro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Vilalba
A alcaldesa de Vilalba felicita a Josefa Rivas polo seu 102 aniversario
Compartiu con ela e coa súa familia un momento de conversa na celebración do evento
O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba organiza este mes un curso de trenzado de taburete
No caso de completar o grupo previsto de 12 persoas, valorarase a posibilidade de habilitar unha nova quenda pola tarde
Vilapedre celebrará o seu magosto cunha foliada o venres
A celebración contará coa actuación dos Cantareiros do Carabullo
Vilalba arranca a súa programación de Samaín na biblioteca este xoves
Haberá actuacións para todos os públicos, filloas, concurso de cabazas e obradoiros terroríficos durante a fin de semana
Vilalba acollerá unhas xornadas sobre a importancia das sebes para a biodiversidade e a apicultura
A actividade celebrarase os días 30 e 31 de outubro no Mercado Municipal de Abastos de Vilalba e combinará formación teórica, prácticas de identificación e reprodución de sebes e un espazo aberto para resolver dúbidas











