Vilalba convoca o VII Concurso de Escaparates de Nadal para dinamizar o comercio local

TerraChaXa
Repartirá tres premios económicos: 600 euros para o escaparate gañador, 400 euros para o segundo clasificado e 200 euros para o terceiro
concurso-escaparates-nadal-vilalba
25 Nov 2026

Xa está en marcha a VII edición do Concurso de Escaparates de Nadal 2026-2027, unha iniciativa impulsada pola Concellaría de Comercio, Turismo e Promoción da Lingua co obxectivo de dinamizar e apoiar o comercio local durante as festas do Nadal.

O certame desenvolverase entre o 11 de decembro e o 7 de xaneiro e está dirixido aos establecementos comerciais de Vilalba, que están convidados a decorar os seus escaparates con propostas que enchan de luz, creatividade e espírito do Nadal as rúas da localidade.

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 11 de decembro ás 14.00 horas. Para participar será necesario presentar o anexo I debidamente cuberto, dispoñible na páxina web municipal, xunto cunha fotografía do escaparate decorado. A documentación deberá enviarse ao enderezo electrónico cultura@vilalba.es.

O concurso repartirá tres premios económicos: 600 euros para o escaparate gañador, 400 euros para o segundo clasificado e 200 euros para o terceiro.

A entrega dos premios terá lugar o 9 de xaneiro de 2027, ás 14.00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.

As bases completas da convocatoria e o anexo relativo aos dereitos de imaxe poden consultarse na páxina web municipal.

0.14142298698425