Villares define a "produción arraigada no territorio" nunha visita a unha criadora de capóns de Vilalba

O delegado territorial da Xunta, Alfonso Villares, visitou unha granxa da parroquia vilalbesa de Noche, onde a produtora Carmen Losada se adica á cría de capóns de Vilalba.
Villares puxo en valor o labor de todos o criadores e criadoras que co seu traballo manteñen viva a produción desta especie avícola. “Coa súa dedicación sosteñen unha tradición que xoga un papel importante na economía das explotacións”, apuntou, ademais de “apostar por un modelo produtivo arraigado ao territorio e moi valorado polos consumidores”.
Así mesmo, Villares subliñou o impulso deste produto a través da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Capón de Vilalba, xestionada pola Consellería do Medio Rural, que ten rexistrados actualmente tres operadores certificados para comercializar baixo este selo de calidade.