O CCR de Vilalba organiza unha festa dos anos 80 e 90 con música en directo

TerraChaXa
Desde a organización animan as persoas asistentes a acudir caracterizadas coa estética propia daquelas décadas
festa-80-e-90-vilalba
19 Nov 2026

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba (CCR) celebrará este sábado 21 de novembro unha festa temática dedicada ás décadas dos 80 e 90, cunha noite de música, nostalxia e diversión para recuperar os grandes éxitos daquela época.

A celebración comezará ás 23.00 horas e contará coa actuación en directo do grupo Carta de Axuste, que interpretará diferentes versións de cancións emblemáticas dos anos 80 e 90.

Desde a organización animan as persoas asistentes a acudir caracterizadas coa estética propia daquelas décadas, recuperando prendas e complementos como chándais de cores, vaqueiros, cazadoras, peiteados rechamantes e lentes de sol.

Ademais, o CCR sorteará varias sorpresas entre os socios e socias que acudan disfrazados ou caracterizados para a ocasión. A iniciativa busca premiar a participación e crear un ambiente festivo no que canto máis retro sexa o vestiario, mellor.

Con esta proposta, o Centro Cultural e Recreativo de Vilalba convida a veciñanza a rebobinar o casete, subir o volume e volver bailar ao ritmo dos grandes clásicos musicais dos anos 80 e 90.

0.17901802062988