O CCR de Vilalba organiza o I Campionato de Tute con premios de ata 800 puntos

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba celebrará o vindeiro sábado 28 de novembro o seu I Campionato de Tute, unha proposta lúdica que reunirá un total de 32 parellas nunha xornada dedicada a este popular xogo de cartas.
A competición comezará ás 16.30 horas nas instalacións do CCR e terá un formato que combinará unha fase de grupos cunha fase final e outra de repesca. Na primeira parte participarán catro parellas por grupo, das que dúas pasarán á fase final e outras dúas accederán á repesca.
O cadro principal disputarase mediante eliminatorias ao mellor de tres partidas, a dez xogos, mentres que a fase eliminatoria de repesca constará dunha partida a quince xogos.
O campionato contará con importantes premios. No cadro principal, a parella gañadora recibirá 800 puntos, a segunda clasificada 300, a terceira 140 e a cuarta 80 puntos. Pola súa banda, na repesca entregaranse 200 puntos á primeira parella clasificada, 80 á segunda e un lote de produtos á terceira.
A inscrición terá un custo de 80 puntos por parella e estará limitada a un máximo de 32 parellas. Ademais, ao rematar a fase de grupos, as persoas participantes poderán repoñer forzas cunha sesión de pinchos.
Desde o CCR animan a participar nesta primeira edición, buscar parella de xogo e gozar dunha xornada de tute e bo ambiente. Os premios serán proporcionais ao número de parellas inscritas.
As persoas interesadas en participar ou solicitar máis información poden contactar coa organización nos teléfonos 673 394 779 e 661 049 270.