Vilalba celebra os 100 anos da súa veciña Ángela Pernas Yáñez

TerraChaXa
Celebrou o seu centenario rodeada do agarimo da súa familia, que compartiu con ela unha xornada marcada pola emoción e os bos recordos.
angela-centenaria-vilalba
29 Nov 2026

O Concello de Vilalba sumou unha nova centenaria coa celebración do 100 aniversario de Ángela Pernas Yáñez, que recibiu a visita da alcaldesa e de representantes municipais para felicitala por esta data tan especial.

Ángela celebrou o seu centenario rodeada do agarimo da súa familia, que compartiu con ela unha xornada marcada pola emoción e os bos recordos. A homenaxe serviu tamén para recoñecer toda unha vida de experiencias, marcada, entre outras etapas, pola súa longa estancia en Inglaterra, onde viviu durante case 30 anos e co que aínda mantén un forte vínculo.

Desde o Concello destacaron que estas visitas ás persoas centenarias van máis alá dunha simple felicitación, xa que representan unha oportunidade para recoñecer e homenaxear toda unha vida, coñecer as súas historias e achegarse ás experiencias que forman parte da memoria colectiva de Vilalba.

O goberno municipal agradeceu a Ángela e á súa familia a hospitalidade e o agarimo cos que recibiron a comitiva nesta mañá tan especial.

0.79151606559753