Novas de Vilalba
Vilalba aborda no Foro Xeneracambio os retos da Terra Chá e do medio rural
No encontra analizáronse cuestións como o acceso á vivenda, a mobilidade, o emprego, o relevo xeracional e a capacidade do territorio para atraer novos habitantes
A Tasca do Liño de Insua celebrará o 31 de outubro a súa XVIII edición con Rubén Riós como pregoeiro
A presente edición contará ademais cun novo patrocinio especialmente significativo para a organización: o da Fundación Adolfo Domínguez
O BNG de Vilalba designa a Alfonso Baamonde Fernández como novo concelleiro
Substituirá a Tino Alvite e afronta esta nova etapa coa vontade de achegar ideas e traballar pola mellora do municipio
Vilapedre acolle un obradoiro de cociña saudable o venres
A sesión será impartida pola dietista Natalia Alonso Ares, de Nutrivitalia, co obxectivo de achegar aos participantes recursos prácticos para mellorar os seus hábitos nutricionais cotiáns
Goiriz acollerá este mes un novo curso de manualidades, cestería, restauración e tapicería
A actividade terá un prezo de 40 euros ao mes e xa ten aberto o prazo de inscrición, con prazas limitadas
O PP denuncia o cobro en Vilalba de taxas non establecidas no convenio da depuradora por parte da CHMS
Os populares lamentan que o Goberno de España pase ao Concello un recibo da Tarifa de Utilización da Auga cando “foi aprobada despois da sinatura do convenio para obras de saneamento”
Vilalba pon en marcha a segunda campaña de recollida porta a porta de plásticos agrícolas
Para poder realizar a retirada, os plásticos deberán estar previamente separados doutros residuos
Vilalba acollerá a proxección do documental 'Deuses de pedra' dentro do ciclo Mestre Mateo
A obra de Iván Castiñeiras Gallego poderá verse o venres 2 de outubro, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal, con entrada gratuíta previa reserva
A Liga Santaballesa abre as inscricións para os seus cursos da tempada 2026/2027
Entre as actividades programadas figura un curso de ximnasia de mantemento, os luns e xoves, e unha actividade de estimulación cognitiva, os martes
Vilalba pon en marcha unha nova edición da Escola Municipal de Teatro
A actividade comezará o 8 de outubro e contará con grupos infantil, xuvenil e de adultos
A Casa-Escola de Mourence retoma as clases de baile con salón e ritmos latinos
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do 1 de outubro
A vilalbesa Julia Cabarcos logra un histórico cuarto posto no Mr. Olympia
A deportista foi a primeira galega en clasificarse para esta competición e conseguiu en Las Vegas o mellor resultado español da historia do certame en Women's Physique
Vilalba achega a realidade da infancia galegofalante a través da fotografía de Alba Díaz
A mostra ‘A lingua do futuro / O futuro da lingua’ poderá visitarse no espazo A Chouzana desde o 3 de outubro ata o 1 de novembro
A Asociación de Empresarios de Vilalba programa formacións para os comercios locais durante o mes de outubro
Para poder organizar a primeira sesión, a entidade solicita ás persoas interesadas que confirmen a súa asistencia á formación prevista para o 6 de outubro
Cristina Castaño suma o seu nome ao Paseo do Cine de Lugo nunha homenaxe á súa traxectoria
A actriz nacida en Vilalba foi recoñecida pola 48ª Semana de Cine de Lugo, nun acto no que tamén participou o Concello da súa vila natal
Tino Alvite deixa a súa acta como concelleiro do BNG en Vilalba por motivos persoais
O BNG municipal agradece o seu traballo, compromiso e dedicación durante esta etapa como representante municipal da organización
A IV Volta á Terra Chá Clásica reuniu afeccionados ao ciclismo clásico en Santaballa
A proba, organizada por Biciclistas Galegos, percorreu 70 quilómetros por Santaballa, Cospeito e Abadín e contou coa participación do excorredor profesional Iñaki Gastón
O Goberno de Vilalba levará a pleno a bonificación do 100 % dos vehículos históricos
A sesión tamén abordará a actualización das taxas pola prestación dos servizos de saneamento e subministración de auga
Rouco reclama á Xunta que devolva o 80 % do recadado co canon da auga en Vilalba
“Pedimos un sistema transparente, xusto e obxectivo de distribución do canon”, reclama o PSOE nunha moción que leva ao pleno deste xoves
A Asociación de Veciños de San Cosme de Nete prepara a súa programación do curso
A oferta inclúe formación en música e baile tradicional, actividade física, labores artesanais e lingua de signos, con inscrición aberta ata o 25 de setembro
A Asociación de Mulleres Rurais Agarimo de Santaballa prepara os novos cursos para 2026-2027
A entidade de Vilalba ofrecerá formación en pandeireta, canto e pandeiro tradicional, ademais de ximnasia de forza e saúde feminina
Vilalba reivindica un rural con oportunidades para as mulleres e no que apostar por vivir e emprender sexa unha opción real
Case 300 mulleres participaron na xornada ‘Apoderadas: O rural tamén é noso’, organizada por FADEMUR Galicia coa colaboración do Concello de Vilalba e da Deputación de Lugo
Populares destacan en Vilalba que o Bono Concilia chegou a máis dun milleiro de fogares
Os deputados Raquel Arias e José Luis Novo visitan unha ludoteca en Vilalba





