Fran Fernández Dávila recibe o IX Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade

TerraChaXa
Durante a gala tamén se anunciou a obra premiada no X certame, 'O derradeiro xogo do avó', de Miguel Alonso Diz
fran-fernandez-davila-ganador-premio-agustin-fernandez-paz
26 Oct 2026

O Auditorio Municipal acolleu a gala do IX Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade, unha cita na que a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, aproveitou a súa intervención para destacar o poder dos libros á hora de construír un futuro no que as persoas poidan perseguir os seus soños sen limitacións.

Fran Fernández Dávila resultou gañador desta edición coa obra Quero ser coma Vero Boquete. Durante a gala tamén se anunciou a obra premiada no X certame, O derradeiro xogo do avó, de Miguel Alonso Diz.

O legado de Agustín Fernández Paz estivo moi presente na celebración, tamén a través da iniciativa Miradas sobre Agustín, impulsada polo Iescha co obxectivo de promover a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028.

A gala contou coa participación do Centro Ocupacional Vilalba-Terra Chá, de Carlos Gómez Osa, do minicoro da Esmuvi e das alumnas da Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Basanta Silva.

A celebración serviu para manter viva a memoria dun autor que fixo da literatura unha ferramenta para educar, cuestionar os prexuízos e contribuír á construción dunha sociedade máis xusta.

0.16107106208801