Alicia Morado, veciña de Codesido, celebra os seus 100 anos en Vilalba

TerraChaXa
A vilalbesa ecibiu a visita da alcaldesa da localidade, Marta Rouco, e da concelleira Paula Vigo
centenario-alicia-morado
26 Oct 2026

Alicia Morado, veciña da parroquia de Codesido, celebrou os seus 100 anos de vida nunha xornada especial na que recibiu a visita da alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e da concelleira Paula Vigo.

Ambas as representantes municipais achegáronse á súa casa para felicitala polo seu centenario e compartir con ela e coa súa familia esta data tan sinalada.

Con esta celebración, Alicia súmase ao grupo de máis dunha vintena de persoas centenarias que residen no municipio de Vilalba. Trátase de veciños e veciñas que representan toda unha vida de esforzo, traballo, experiencias e memoria.

Desde o Concello destacan que estas visitas, iniciadas en 2024, teñen como obxectivo recoñecer e poñer en valor as persoas maiores do municipio, escoitar as súas historias e agradecerlles todo o que achegaron ás súas familias e á sociedade vilalbesa.

0.17417812347412