Organizan en Vilalba unha xornada de networking para mulleres empresarias e emprendedoras

A Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo (AELU) en colaboración coa Deputación de Lugo co fin de visibilizar, difundir e promover o traballo das mulleres empresarias e emprendedoras de Lugo queremos invitar á xornada de networking empresarial gratuíta que se efectuará en Villalba esta semana.
A xornada está pensada para favorecer o intercambio de ideas, dar visibilidade aos proxectos empresariais e crear novas relacións que poderán traducirse en colaboración e oportunidades de negocio.
Este encontro terá lugar o vindeiro sábado, 24 de outubro, ao 10.30 h, no Hotel Spa Attica 21 de Villalba e está aberto, baixo inscrición, para todas aquelas persoas interesadas en ampliar as súas redes de contacto e dar a coñecer outras iniciativas empresariais da nosa comunidade.
Durante a xornada, cada participante dispoñerá de tempo para presentar e dar a coñecer as súas actividades. Ademais, quen o considere oportuno poderá levar tarxetas de visita ou mostrar algúns dos seus produtos para compartir co resto das asistentes.
A actividade é totalmente gratuíta e con prazas limitadas, é necesario inscribirse previamente a través do teléfono 655947735.
Sendo este evento o terceiro networking en colaboración coa Deputación de Lugo, os anteriores foron en Burela, o 30 de xuño e A Ulloa, o 26 de setembro, buscamos crear un espazo de aprendizaxe, inspiración, promoción e divulgación, onde as mulleres poidan conectar, compartir e descubrir novas ferramentas para o seu crecemento como empresarias, co obxectivo de impulsar o emprendemento feminino e promover o desenvolvemento privado e profesional das mulleres da provincia.