Lanzós celebra a fin de semana do 14 e 15 as festas na honra a San Martiño

TerraChaXa
A festa continuará o sábado cunha gran verbena na que volverá actuar esta formación, acompañada pola orquestra Suavecito
festas-lanzos-vilalba
9 Nov 2026

A localidade de Lanzós, en Vilalba, celebrará as súas tradicionais festas na honra a San Martiño durante a fin de semana do 14 e 15 de novembro, cun programa que combinará actos relixiosos e música para todos os asistentes.

A programación dará comezo o sábado, ás 13.30 horas, cunha misa solemne, seguida dunha procesión e dunha sesión vermú amenizada polo grupo Ritmo. Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena na que volverá actuar esta formación, acompañada pola orquestra Suavecito.

O domingo, os actos relixiosos celebraranse novamente ás 13.30 horas. A continuación, o grupo Lume será o encargado de amenizar a sesión vermú e poñer o broche final a dúas xornadas de celebración.

Desde a organización lembran que o campo da festa estará cuberto cunha carpa para garantir o desenvolvemento das celebracións, independentemente das condicións meteorolóxicas.

0.15281796455383