A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol organiza unha liscada e a súa asemblea anual o sábado

TerraChaXa
A xornada celebrarase na Escola do Santo, onde a entidade convocará os socios para facer balance das actividades, aprobar as contas e presentar novas propostas
liscada-e-asemblea-arbol
4 Nov 2026

Asociación Cultural e Deportiva de Árbol celebrará o sábado 7 de novembro de 2026 a súa Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar na Escola do Santo. A convocatoria establece a primeira chamada ás 16.30 horas e a segunda e última ás 17.00 horas.

Durante a reunión, a directiva presentará un informe das actividades realizadas e o estado de contas para a súa aprobación, se procede. Tamén se abordará a renovación das cotas dos socios e socias, ademais de recoller propostas de actividades para desenvolver nos próximos meses. A orde do día completarase cun apartado de rogos e preguntas.

Unha vez rematada a asemblea, a asociación organizará unha liscada para os socios e socias, como parte dunha xornada de convivencia e participación veciñal.

A convocatoria está asinada pola Xunta Directiva e conta coa colaboración do Concello de Vilalba.

0.15583801269531