Os socialistas de Vilalba piden ao PP unha valoración pública sobre os orzamentos da Xunta

TerraChaXa
Consideran que son un "castigo para os nosos veciños"
Executiva-PSOE-Vilalba-2025
21 Oct 2026

A Agrupación Socialista de Vilalba pídelle ao PP local “unha valoración pública dos Orzamentos da Xunta para o ano 2027, que castigan aos nosos veciños por oitavo ano consecutivo”.

“Este luns, nunha comparecencia pública, o delegado da Xunta na provincia de Lugo, Alfonso Villares, repasou os investimentos por concellos e calquera puido escoitar e ver que Vilalba non existe para o goberno galego”, lamentan os socialistas.

“Os orzamentos son públicos e calquera os pode consultar: a Xunta do PP non realiza investimentos reais en Vilalba desde o ano 2019”, sostén o PSOE.

“Somos o cuarto concello por habitantes da provincia, pero Vilalba non existe para a Xunta”, engaden os socialistas, que reiteran “a importancia de que o PP valore estas contas, que son as contas de todos os galegos, e a ausencia de investimentos no noso concello”.

“O PP ten unha nova oportunidade para demostrar se está co seu partido ou defendendo os intereses de Vilalba”, remata o PSOE.

0.16281819343567