O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba organiza este mes un curso de trenzado de taburete

O Centro Cultural e Recreativo de Vilalba organiza un curso de trenzado de taburetes que terá lugar o sábado 7, en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas. A actividade estará impartida pola profesional Sara Riveira Souto.
O prezo do curso será de 70 euros para os socios e de 80 euros para os seus acompañantes. A tarifa inclúe a formación, as estruturas dos taburetes, cordas de algodón de diferentes cores e todas as ferramentas necesarias para realizar o traballo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do correo electrónico ccrvilalba@gmail.com ou directamente na cafetería do CCR.
Desde a organización sinalan que, no caso de completar o grupo previsto de 12 persoas, valorarase a posibilidade de habilitar unha nova quenda pola tarde, co obxectivo de dar cabida a máis participantes.