Renovan a estrada que comunica Martiñán con Carballido en Vilalba

TerraChaXa
Pavimentáronse tamén dous accesos a varias vivendas e parcelas agrícolas e colocáronse tubos de drenaxe
OBRAS-DEPUTACION-ESTRADAS-BOVEDA-POUTOMILLOS
23 Oct 2026

O vicealcalde Modesto Renda anunciou a renovación completa da estrada que comunica o barrio de Martiñán coa parroquia de Carballido.

Esta nova actuación, tivo un custe de 10.772 euros e o Concello iniciou a rexeneración total do firme á altura da Casilla, no cruce coa N-634.

Ademais, pavimentáronse tamén dous accesos a varias vivendas e parcelas agrícolas con zahorra compactada e colocáronse tubos de drenaxe para dar solución aos problemas que viñan sufrindo os residentes.

Renda, que coma sempre contrastou cos seus veciños/as o día día da actuación, explicou que a esta obra sumaránselle outras máis nos vindeiros meses en beneficio das parroquias da contorna.

0.13984394073486