O PSOE de Vilalba organiza un mitin con Xosé Ramón Gómez Besteiro este xoves

TerraChaXa
O encontro terá lugar ás 20.00 horas no restaurante Terra Chá
besteiro-o-barco-de-valdeorras
18 Nov 2026

O PSOE de Vilalba celebrará este xoves, 19 de novembro, un acto político aberto á militancia e á veciñanza, baixo o lema A Forxa da Xente, que contará coa participación de destacados representantes socialistas.

No mitin intervirán Xosé Ramón Gómez Besteiro, Patricia Otero, César Mogo, Carmela López e Marta Rouco, secretaria xeral dos socialistas de Vilalba e alcaldesa do municipio.

O encontro terá lugar ás 20.00 horas no restaurante Terra Chá de Vilalba e servirá para abordar diferentes cuestións de actualidade política e social, especialmente aquelas que afectan á cidadanía, como as pensións, o acceso á vivenda, os salarios, a loita pola igualdade e a defensa da sanidade pública.

Desde o PSOE local destacan que se trata dun acto aberto no que a veciñanza poderá coñecer de primeira man as propostas e reflexións dos representantes socialistas de cara á cita electoral do 29 de novembro.

Ao remate do mitin, as persoas asistentes poderán compartir uns petiscos e un tempo de conversa e convivencia. Ademais, a organización invita a quedar para seguir o debate xunto aos compañeiros e compañeiras socialistas.

A convocatoria enmárcase na campaña baixo o lema A Forxa da Xente, coa que os socialistas buscan achegar á cidadanía os asuntos que consideran prioritarios para o futuro.

0.14699506759644