O SLG celebrará en Vilalba e Betanzos asembleas abertas para abordar o futuro do CRAEGA

TerraChaXa | ACoruñaXa
A primeira reunión terá lugar o mércores 2 de decembro ás 18:00 horas no local vilalbés do sindicato
encontro-vogais-craega
28 Nov 2026

O Sindicato Labrego Galego (SLG) organizará dúas asembleas abertas baixo o lema Que queremos do CRAEGA?, un encontro no que participarán persoas vogais do sindicato no Pleno do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA).

A primeira reunión terá lugar o mércores 2 de decembro ás 18:00 horas no local do SLG en Vilalba, situado na rúa do Cuartel, número 1, entrechán A, ao carón do cuartel da Garda Civil.

Durante o encontro, as persoas asistentes poderán coñecer de primeira man a participación do Sindicato Labrego Galego no Pleno do CRAEGA e trasladar as súas opinións e propostas sobre o funcionamento e o futuro deste organismo. Ademais, presentarase a Secretaría de Agroecoloxía do SLG.

Esta iniciativa terá unha segunda convocatoria o 15 de decembro en Betanzos, ás 11:00 horas, no local do Sindicato Labrego Galego, situado na rúa Cruz Verde, número 7, baixo 6.

O sindicato anima as persoas interesadas a participar nestes encontros, que buscan abrir un espazo de escoita, diálogo e intercambio de propostas arredor da agricultura ecolóxica e do papel do CRAEGA.

0.16092085838318