Pico do Castro representará este domingo a comedia ‘Trato a cegas’ na Liga Santaballesa

A Liga Santaballesa acollerá este domingo, 22 de novembro, unha nova proposta cultural coa actuación do grupo de teatro Pico do Castro, que representará a obra Trato a cegas, unha comedia coa que promete ofrecer unha tarde diferente e cargada de bo humor.
A representación comezará ás 18.00 horas e terá lugar nas instalacións da Liga Santaballesa. A entrada será gratuíta e a obra está recomendada para maiores de 14 anos.
Desde a organización animan a veciñanza a achegarse e desfrutar desta proposta teatral, que permitirá compartir unha tarde de lecer e cultura.
A actividade conta coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.