Arranca unha nova edición do campionato galego de cetrería en Cospeito

A XXIII edición do campionato galego Xunta de Galicia de cetrería, organizado pola Federación Galega de Caza e a Sociedade Galega de Cetrería, terá lugar os vindeiros 23, 24 e 25 deste mes, na zona habilitada do Arneiro, no concello de Cospeito.
A programación da vixésimo terceira edición desta cita inclúe cinco modalidades de competición: altanería, pequenas aves, baixo voo azor, baixo voo harris e man por man.
Este evento, que pretende ser unha forma de acercar unha modalidade de caza, vistosa e divertida, á xente, contará no propio día cunha conferencia, sorteo e moitas sorpresas.