Santalla de Rioaveso celebra as súas patronais esta fin de semana

TerraChaXa
A música correrá a do dúo Belinda, Saudade e o grupo Fénix
festas-santalla-de-rioaveso-cospeito
22 Oct 2026

A parroquia de Santalla de Rioaveso, no concello de Cospeito, prepárase para vivir un fin de semana cheo de tradición, música e diversión coas Festas na honra a Santa Eulalia, que terán lugar esta fin de semana.

O sábado 24 celebrarase a misa ás 13.30 horas, seguida da tradicional procesión e da sesión vermú amenizada polo dúo Belinda, que tamén ofrecerá unha gran verbena pola noite xunto coa orquestra Saudade.

O domingo 25 repetirase o programa relixioso coa misa e procesión ás 13.30 horas, e a sesión vermú correrá a cargo do grupo Fénix. As actividades desenvolveranse nun campo cuberto con carpa para garantir o bo ambiente e haberá inchables gratis con monitor.

0.14877104759216