Cospeito abre o luns o prazo para anotarse ás escolas deportivas

TerraChaXa
As disciplinas ofertadas son as mesmas de anos anteriores, aínda que as máis demandadas en pasadas edicións foron fútbol sala, natación, ximnasia rítmica, tenis e patinaxe
escolas-deportivas-municipais
27 Sep 2026

O Concello de Cospeito pon en marcha unha nova edición das escolas deportivas municipais. O prazo de inscrición abres este luns e finaliza o 2 de outubro.

As disciplinas ofertadas son as mesmas de anos anteriores, aínda que as máis demandadas en pasadas edicións foron fútbol sala, natación, ximnasia rítmica, tenis e patinaxe.

No caso do fútbol sala (que se impartirá no pavillón municipal da Feira do Monte e no ximnasio do colexio os martes e xoves), haberá que indicar a categoría na que se inscribe e no de natación, (na piscina da Pastoriza), a quenda: martes ou mércores de 16.30 a 17.15 horas.

Ximnasia rítmica será os venres no ximnasio do colexio da Feira do Monte e patinaxe, os luns e os mércores no pavillón da Feira do Monte.

Finalmente, a de tenis será no pavillón de Feira do Monte e os horarios estableceranse en dúas quendas, de 18.30 a 19.30 e de 19.30 a 20.30 horas.

As actividades terán un preo de 15 euros por neno para a primeira e de 12 para a segunda e seguintes. A piscina é de 20 euros.

0.15418601036072