Os alumnos do CPI Plurilingüe Virxe do Monte de Cospeito desfrutaron dunha xornada de Cetrería

TerraChaXa
A actividade marca o inicio dunha nova edición do Campionato Galego de Cetrería, que terá lugar os vindeiros 23, 24 e 25 deste mes
cetraria-virxe-do-monte-cospeito
24 Oct 2026

A cetrería achegouse á rapazada do CPI Plurilingüe Virxe do Monte de Cospeito cunha actividade que combinou natureza, divulgación e espectáculo. Os nenos e nenas do centro gozaron dunha demostración na que puideron admirar os voos destas fermosas aves e coñecer máis de preto esta práctica.

A actividade marca o inicio dunha nova edición, a vixésimo terceira, do Campionato Galego de Cetrería, que terá lugar os vindeiros 23, 24 e 25 deste mes, na zona habilitada do Arneiro, no concello de Cospeito.

A iniciativa permitiu achegar a cetrería ao alumnado, ofrecéndolle a oportunidade de descubrir de primeira man o comportamento destas aves e contemplar as súas habilidades nunha exhibición que espertou o interese dos asistentes.

0.17495703697205