O equipo móbil da policía estará en Cospeito o venres 16

TerraChaXa
A través deste servizo, os veciños poderán realizar trámites como a expedición do DNI electrónico e a obtención de pasaportes
Furgoneta Policía Nacional
12 Oct 2026

O Concello de Cospeito acollerá o venres 16 de outubro a visita do equipo móbil da Policía para a expedición e renovación do DNI e do pasaporte. A unidade, que empregará o novo sistema de vehículos integrales de documentación (VIDOC), situarase na Praza da Feira en Feira do Monte.

A través deste servizo, os veciños poderán realizar trámites como a expedición do DNI electrónico e a obtención de pasaportes. Para poder ser atendidos será imprescindible solicitar cita previa de maneira presencial nas oficinas do consistorio ou ben chamando ao número de teléfono 982 520 001.

Desde o Concello recórdase que se pode consultar máis información sobre a documentación necesaria e os trámites na páxina web oficial www.dnielectronico.es, ou ben poñéndose en contacto coas dependencias municipais de luns a venres, en horario de 09.00 a 15.00 horas.

0.15370988845825