A Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas anuncia os seus cursos para o 2026-2027

TerraChaXa
Inclúe actividades de costura, calceta e gancho, pilates, bailes de salón e ritmos latinos e clases de baile tradicional para nenos e adultos
cursos-cousas-nosas-cospeito
28 Sep 2026

A Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas xa ten preparada a programación de cursos para o curso 2026-2027, cunha proposta variada que inclúe actividades de costura, calceta e gancho, pilates, bailes de salón e ritmos latinos e clases de baile tradicional para nenos e adultos.

O curso de costura, calceta e gancho será impartido por Beatriz López os martes, de 17.30 a 20.30 horas, cun prezo de 25 euros ao mes.

Tamén se ofrecerán clases de pilates, impartidas por Montse, os martes e venres de 20.30 a 21.30 horas. O prezo será de 10 euros ao mes por un día á semana ou de 18 euros ao mes por dous días.

Outra das propostas son os bailes de salón e ritmos latinos, impartidos por Teresa e José Manuel os mércores, de 20.00 a 21.30 horas, cun custo de 25 euros ao mes. O inicio desta actividade está previsto para o 14 de outubro.

A programación complétase coas clases de baile tradicional, tanto para pequenos como para adultos a partir de outubro. Os nenos e nenas, a partir dos tres anos, terán as clases impartidas por Telma Zapata os venres, despois das clases de música, cun prezo de 10 euros ao mes. Para os adultos, Dani Reboredo será o encargado das clases, que se desenvolverán os luns ás 20.30 horas para principiantes e ás 21.15 horas para nivel avanzado, tamén cun prezo de 10 euros ao mes. Estas clases comezarán no mes de outubro.

Desde a Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas animan a participar nesta nova programación, pensada para aprender, compartir e desfrutar de diferentes actividades ao longo do curso.

0.14638304710388