A unidade móbil de doazón de sangue está este luns en Cospeito

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo diante do concello, entre as 10.00 e as 14.00 horas
doazon-sangue-camion-sergas
Camión da doazón
27 Sep 2026

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 28 de setembro, no concello de Cospeito para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo de 10.00 a 14.00 horas diante do concello da Feira do Monte.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.16141605377197