A asociación de mulleres rurais Cousas Nosas de Cospeito celebrará o seu 30 aniversario o próximo sábado

TerraChaXa
As persoas asistentes poderán gozar de pinchos, música en directo, baile, unha mesa de xogos, un recuncho dos recordos e numerosas propostas de diversión
asociacion-cousas-nosas-cospeito2
15 Nov 2026

A Asociación de Mulleres Rurais Cousas Nosas de Cospeito conmemorará o seu 30 aniversario o vindeiro sábado 21 de novembro cunha celebración especial baixo o lema «30 anos compartindo historias, amizade e ilusións».

O encontro terá lugar a partir das 17.30 horas na Hermandad da Feira do Monte e contará cun programa de actividades pensado para celebrar estas tres décadas de traxectoria da entidade.

Durante a xornada, as persoas asistentes poderán gozar de pinchos, música en directo, baile, unha mesa de xogos, un recuncho dos recordos e numerosas propostas de diversión.

Con esta convocatoria, Cousas Nosas quere celebrar tres décadas de actividade, convivencia e amizade, compartindo con todas as súas socias os momentos e as experiencias que marcaron a historia da entidade.

0.16971206665039