Rosana Fernández e Rubén Vicente Ríos lideran o podio da V Carreira Popular de Cospeito

TerraChaXa
A proba reuniu máis de 200 persoas inscritas de todas as idades o pasado 25 de outubro en Feira do Monte
carreira-popular-cospeito
27 Oct 2026

A V Carreira Popular de Cospeito celebrouse o pasado domingo 25 de outubro no núcleo de Feira do Monte, diante do Campo da Feira, cunha participación de máis de 200 persoas inscritas de todas as idades. A cita deportiva reuniu corredores e corredoras de diferentes xeracións e incluíu probas adaptadas a distintas categorías.

Na clasificación masculina, o primeiro posto foi para Rubén Vicente Ríos, co dorsal 18, que rematou a proba en 33 minutos e 59 segundos. Ander Castro Fernández, co dorsal 16, ocupou a segunda posición cun tempo de 34 minutos e 43 segundos, mentres que Miguel García Martín, co dorsal 109, foi terceiro ao cruzar a meta en 34 minutos e 51 segundos.

Na clasificación feminina, Rosana Fernández Martínez, co dorsal 117, foi a máis rápida, cun tempo de 40 minutos e 47 segundos. A segunda posición foi para Iria Campos Méndez, co dorsal 61, que cruzou a meta en 44 minutos e 45 segundos. María García Gómez, co dorsal 66, completou o podio cun rexistro de 45 minutos e un segundo.

A programación deportiva organizouse en varios grupos. A categoría absoluta, para persoas nacidas en 2010 e anos anteriores. Tamén contou coa quenda da categoría pitufos, destinada a nenos e nenas nacidos en 2019 e anos posteriores; as categorías sub-10, para participantes nacidos en 2017 e 2018, e sub-12, para os nacidos en 2015 e 2016, e finalmente, as categorías sub-14, para os anos 2013 e 2014, e sub-16, para os nacidos en 2011 e 2012.

A carreira, organizada no municipio de Cospeito, promove a práctica deportiva e a participación popular, ofrecendo unha oportunidade para que persoas de distintas idades compartan unha xornada arredor do atletismo.

0.15588283538818