Organizan a V Carreira Popular Concello de Cospeito para o domingo 25

TerraChaXa
As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 22 de outubro ás 23:59 horas a través da páxina web ccnorte.com
carreira-popular-cospeito
14 Oct 2026

O Concello de Cospeito presentou a quinta edición da Carreira Popular Concello de Cospeito, que se celebrará o domingo 25 de outubro, ás 11:30 horas. Esta proba deportiva, xa consolidada no calendario local, combina deporte, convivencia e solidariedade, pois a recadación íntegra irá destinada á Asociación Española Contra o Cancro (AECC).

As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 22 de outubro ás 23:59 horas a través da páxina web ccnorte.com, onde tamén está dispoñible o regulamento da carreira.

A iniciativa forma parte do compromiso do Concello de Cospeito coa promoción de hábitos de vida saudable e coa solidariedade social.

Haberá diferentes carreiras en función das categorías, que irán desde pitufos, con 150 metros de percorrido ata Sub 20-23 con 10.000 metros, a mesma distancia que farán os sénior e os Máster. Estos últimos serán os primeiros en saír, ás 11.30 horas.

Haberá trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta e tamén de cada categoría tanto masculinos coma femininos. Así mesmo, haberá trofeo para os o primeiro empadroado en Cospeito e para o participante de maior idade, tanto de categoría masculina como feminina. Todos os pitufos recibirán unha medalla pola súa participación e non haberá nin trofeos nin clasificación. No resto tamén se premiará aos tres primeiros clasificados.

0.15841507911682