Vilapene celebra o seu magosto o último sábado do mes

TerraChaXa
A organización lembra que o prazo para inscribirse remata o 24 de outubro
magosto-vilapene
23 Oct 2026

A Asociación Veciñal de Vilapene, en Cospeito, pon fecha ao seu tradicional magosto, que terá lugar a última fin de semana do mes, o sábado 31, no campo da festa.

Durante a celebración, o público poderá gozar dunha ampla variedade de petiscos, entre os que se inclúen empanada, bolos preñados, tortilla, xamón cocido, churrasco, criollo e chourizo, ademais de café, castañas asadas e queimada.

O prezo por persoa é de 25 euros os adultos, mentres que os socios menores de idade poderán acudir de balde.

A organización lembra que o prazo para inscribirse remata o 24 de outubro, e anima a veciños e visitantes a participar nesta cita festiva, que combina gastronomía, tradición e convivencia veciñal.

0.14591288566589