Nieves, a veciña máis lonxeva de Cospeito, celebra os seus 102 anos

Nieves, veciña de Rioaveso, celebrou o seu 102 aniversario cunha visita do alcalde, Armando Castosa, e da traballadora social do Concello, Ana Belén Iglesias, que lle trasladaron os parabéns en nome de toda a corporación municipal.
A homenaxeada recibiu os representantes municipais no seu domicilio, onde compartiron con ela unha xornada especial na que houbo tempo para lembrar experiencias, conversar e botar unhas risas.
O Concello de Cospeito destacou a alegría e a vitalidade coa que Nieves afronta esta idade e sinalou que se converteu na persoa máis lonxeva do municipio.
Pola súa banda, os representantes municipais agradeceron a súa hospitalidade, o seu sentido do humor, os consellos e o agarimo co que os recibiu durante a visita.