Cospeito organiza un Samaín terrorífico para os máis pequenos na Casa da Cultura de Feira do Monte

TerraChaXa
A iniciativa está pensada para facilitar a participación dos máis pequenos nunha xornada sen clase, cunha programación temática centrada no Samaín
taller-de-halloween-cospeito
31 Oct 2026

O Concello de Cospeito, en colaboración con Gandaina Eventos, organiza un taller especial de Samaín na Casa da Cultura de Feira do Monte, dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 16 anos.

A actividade desenvolverase en horario de 9.00 a 14.00 horas e ofrecerá unha mañá de propostas lúdicas e creativas arredor desta celebración. O programa inclúe manualidades monstruosas, elaboración de pócimas máxicas e xogos e retos espeluznantes.

A iniciativa está pensada para facilitar a participación dos máis pequenos nunha xornada sen clase, cunha programación temática centrada no Samaín. O prezo é de 15 euros para os participantes madrugadores e de 20 euros para o resto.

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou realizar consultas a través do teléfono 614 533 273.

0.1466588973999