Vilarente, en Abadín, celebra esta fin de semana as festas na honra a Santa Margarita

TerraChaXa
Os festexos comezarán o venres 18 cunha churrascada a partir das 21:30 horas, que contará coa actuación de Judith Cundíns
festas-vilarente-santa-margarita
16 Sep 2026

A parroquia de Vilarente, no concello de Abadín, celebrará esta fin de semana as festas na honra a Santa Margarita, cun programa que se desenvolverá desde o venres 18 ata o domingo 20 de setembro e que combinará gastronomía, celebracións relixiosas e música.

Os festexos comezarán o venres 18 cunha churrascada a partir das 21:30 horas, que contará coa actuación de Judith Cundíns.

O sábado 19 terá lugar unha misa ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú coa actuación da orquestra Los Españoles. Pola noite, a verbena estará amenizada novamente por Los Españoles e polo grupo Greasse.

O domingo 20 celebrarase unha misa ás 14:00 horas. A continuación terá lugar a sesión vermú, coa actuación de Abadtukada e do grupo Fuxsión Latina.

A comisión de festas anima á veciñanza a participar nestas celebracións e agradece a colaboración de todas as persoas que fan posible a organización dos festexos.

0.80524015426636