Preto de 500 persoas participaron na Festa dos Maiores de Abadín

Preto de 500 persoas participaron en Abadín a pasada fin de semana nunha nova edición da Festa dos Maiores, unha celebración organizada polo Concello para render homenaxe ás persoas maiores e ofrecerlles unha xornada de encontro e convivencia.
A celebración reuniu a veciñanza arredor da boa mesa, a música e o baile, nun ambiente festivo no que os participantes puideron compartir tempo con familiares, amizades e veciñanza.
Desde o Concello agradeceron a participación das preto de 500 persoas que acudiron á cita e contribuíron a converter, un ano máis, esta celebración nunha xornada de convivencia e recoñecemento aos maiores da localidade. O goberno municipal expresou tamén o seu desexo de repetir no futuro este tipo de encontros coa veciñanza.