Abadín inicia a renovación do alumeado público con luminarias LED en once zonas do municipio

TerraChaXa
A actuación busca mellorar a iluminación das rúas e dos espazos públicos, así como avanzar cara a un sistema máis eficiente
farois-de-abadin-led
16 Oct 2026

O Concello de Abadín comezou os traballos de substitución das luminarias actuais por tecnoloxía LED en once zonas do municipio, cun investimento de 100.704,16 euros. A actuación busca mellorar a iluminación das rúas e dos espazos públicos, así como avanzar cara a un sistema máis eficiente.

As obras desenvolveranse na rúa Camiño Real, na estrada de Fanoi, na praza Campo da Feira, na rúa Calvo Sotelo, na avenida de Galicia, na urbanización das Pedreiras, na rúa Real e na rúa da Fonte. Os traballos tamén chegarán á praza de Gontán, á praza Campo da Feira desta localidade e á estrada que une Labrada con Gontán.

A empresa Instalaciones y Montajes Eléctricos VALDES é a encargada de executar a actuación, que forma parte das intervencións municipais destinadas á modernización das infraestruturas e á mellora dos servizos públicos.

Con esta renovación, o Concello pretende "avanzar cara a un alumeado máis eficiente e modernizar os espazos públicos do municipio", como explicou o o seu alcalde, José María López Rancaño.

0.25979113578796