A eclipse na comarca da Terrachá: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello

TerraChaXa
A Terra Chá situaranse entre as zonas de Galicia con maior duración da eclipse total, cun fenómeno que superará o minuto e medio en boa parte do territorio
eclipse-total-de-sol-recurso
8 Aug 2026

O vindeiro 12 de agosto de 2026, a comarca da Terra Chá situarase dentro da franxa de totalidade da eclipse total de Sol, un acontecemento astronómico excepcional que non volverá repetirse na Península Ibérica ata dentro de varias décadas. Os concellos da comarca poderán contemplar a ocultación completa do Sol, aínda que a duración da fase de totalidade e as condicións de observación variarán segundo a localización.

Segundo os datos recompilados pola plataforma Eclipseando.es, especializada na divulgación deste fenómeno, todos os municipios da comarca vivirán máis dun minuto de eclipse total. As diferenzas entre uns e outros serán de poucos segundos, pero suficientes para establecer pequenas variacións tanto na duración da totalidade como na altura á que se situará o Sol sobre o horizonte no momento culminante.

Ademais da duración da eclipse, a plataforma incorpora unha análise inédita que vai máis alá das previsións astronómicas habituais. Os seus responsables calcularon o perfil real do terreo dos 144 concellos galegos utilizando un modelo europeo de elevacións e tendo en conta a posición exacta do Sol durante a totalidade, cando estará situado apenas entre 10 e 12 graos sobre o horizonte oeste. Este estudo permite coñecer se o relevo pode ocultar parcialmente o Sol xusto no instante máis esperado da eclipse.

No caso da Terra Chá, a maior parte dos concellos presentan condicións favorables para a observación, aínda que a orografía pode influír nalgúns puntos concretos. Por iso, os autores recomendan escoller lugares elevados, con boa visibilidade cara ao oeste e afastados de montes, árbores ou edificios que poidan dificultar a visión do horizonte.

A análise ten en conta unicamente o relevo natural, polo que non contempla obstáculos artificiais nin vexetación próxima. Para evitar sorpresas, os especialistas recomendan visitar previamente o lugar elixido o día 11 de agosto á mesma hora na que se producirá a eclipse, xa que o Sol ocupará practicamente a mesma posición no ceo e permitirá comprobar se a observación será completamente despexada.

Toda esta información pode consultarse en Eclipseando.es, onde cada concello conta cunha ficha específica con horarios, duración da totalidade, altura do Sol, mapas e simulacións personalizadas para planificar a observación dun dos fenómenos astronómicos máis importantes das últimas décadas.

A eclipse do 12 de agosto de 2026, municipio a municipio · TerraChá

21 municipios dentro da totalidade · Datos de Eclipseando

Concello Inicio da totalidade Fin da totalidade Duración Sol tapado Altura do Sol
Abadín 20:28:00 20:29:41 101 s 100,0 % 11,3°
Muras 20:27:59 20:29:39 100 s 100,0 % 11,5°
Meira 20:28:00 20:29:39 99 s 100,0 % 11,1°
As Pontes 20:27:17 20:28:54 97 s 100,0 % 11,6°
Castro de Rei 20:28:02 20:29:39 97 s 100,0 % 11,2°
Cospeito 20:28:03 20:29:39 96 s 100,0 % 11,3°
Pol 20:28:03 20:29:39 96 s 100,0 % 11,1°
Vilalba 20:28:04 20:29:39 95 s 100,0 % 11,4°
Xermade 20:28:03 20:29:37 94 s 100,0 % 11,5°
Begonte 20:28:04 20:29:33 89 s 100,0 % 11,3°
Outeiro de Rei 20:28:04 20:29:32 88 s 100,0 % 11,3°
Rábade 20:28:04 20:29:32 88 s 100,0 % 11,3°
Guitiriz 20:28:04 20:29:28 84 s 100,0 % 11,5°
A Pastoriza 20:28:01 20:29:43 102 s 100,0 % 11,2°
Riotorto 20:28:00 20:29:44 104 s 100,0 % 11,1°
Friol 20:28:04 20:29:22 78 s 100,0 % 11,4°
0.10291790962219