A Graña celebra as festas na honra da Nosa Señora do Rosario desde o venres

TerraChaXa
A noite do sábado, a música regresará coa verbena protagonizada polas orquestas D'Noche e París de Noia
festas-a-grana-abadin
30 Sep 2026

A parroquia de A Graña, no concello de Abadín, celebrará esta fin de semana as festas na honra da Nosa Señora do Rosario, cun programa que combinará actos relixiosos e varias sesións musicais.

As celebracións comezarán o venres 2 cunha verbena nocturna amenizada polo DJ Casanova, que será o encargado de poñer música á primeira noite das festas.

O sábado 3, a programación arrancará ás 13.30 horas coa misa solemne e a posterior procesión. A continuación terá lugar unha sesión vermú amenizada pola Orquesta D'Noche. Pola noite, a música regresará coa verbena protagonizada pola propia Orquesta D'Noche e París de Noia.

As festas continuarán o domingo 4 de outubro, tamén ás 13.30 horas, cunha misa solemne, procesión e sesión vermú, nesta ocasión a cargo do Grupo Alba.

Todas as actividades desenvolveranse nun campo cuberto con carpa.

0.15408706665039