Abadín recibe en outubro e novembro a visita da ITV móbil

TerraChaXa
A unidade estará primeiro no mercado gandeiro de Gontán e despois no campo da festa de Moncelos
tractor
24 Oct 2026

A unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas estará entre os días 27 de outubro e 10 de novembro no Concello de Abadín, para atender a todos aos veciños do termo municipal.

A atención ao público será entre 9:00 e 13.30 horas e de 15:15 a 18:00 agás os días 30, 6 e 10, que serán só pola mañá.

A unidade estará situada entre os días 27 e 30 de outubro e 2 e 3 de novembro no mercado gandeiro de Gontán e, entre os días 4 e 10 de novembro, no campo da festa de Moncelos.

Para solicitar cita previa hai que chamar ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com. A organización lembra que non se pasará inspección a vehículos con carga nin a vehículos con aperos.

0.14775609970093