Abadín celebrará o día 7 a Feira de Santos cun concurso de gando e premios de 100 euros

TerraChaXa
Repartiranse premios ao mellor exemplar equino, ao mellor exemplar bovino, á mellor cría equina e á mellor cría bovina,a demais do mellor exemplar equipo de silla
feira-de-santos-abadin
29 Oct 2026

O Concello de Abadín organizará o vindeiro 7 de novembro a Feira de Santos de Gontán-Abadín, que incluirá un concurso de gando con diferentes categorías e premios económicos para os participantes.

A xornada comezará ás 12.00 horas coa inscrición dos participantes, mentres que a entrega de premios está prevista para as 14.00 horas.

O concurso repartirá premios de 100 euros ao mellor exemplar equino, ao mellor exemplar bovino, á mellor cría equina e á mellor cría bovina. Tamén se recoñecerá con 100 euros o participante que achegue o maior número de exemplares equinos e o que presente o maior número de exemplares bovinos.

Ademais, haberá un premio de 100 euros para o mellor exemplar equino de silla.

Non faltarán os postos de comida de polbo e churrasco e os expositores de diversos feirantes e artesanía.

A iniciativa, organizada polo Concello de Abadín, busca promover a actividade gandeira e dar continuidade a unha cita tradicional do municipio, que reúne participantes arredor do sector equino e bovino.

 

 

0.14645481109619