Abadín mellora os accesos ao local social de San Xoán de Vilarente cun investimento de máis de 21.600 euros

TerraChaXa
O Concello está a realizar traballos de limpeza, acondicionamento e pavimentación para facilitar a chegada ás instalacións e mellorar os espazos comúns da parroquia
obras-mellora-caminos-abadin
2 Nov 2026

O Concello de Abadín continúa coas actuacións destinadas á mellora das infraestruturas municipais, neste caso cos traballos nos accesos ao local social de San Xoán de Vilarente.

A intervención inclúe tarefas de limpeza, acondicionamento e pavimentación da zona, co obxectivo de facilitar o acceso ás instalacións e mellorar as condicións deste espazo de uso veciñal.

O orzamento destinado a esta actuación ascende a 21.643,22 euros e está financiado con cargo aos remanentes do Plan Único.

Con estes traballos, o Concello busca seguir mellorando os accesos e os espazos comúns das parroquias, contribuíndo ao benestar da veciñanza e á conservación dos servizos no rural.

0.11751198768616