As obras de acondicionamento do pavillón de Baroncelle, en Abadín, encaran a súa fase final

As obras de acondicionamento e mellora do pavillón de Baroncelle, en Abadín, avanzan cara á súa fase final cun investimento total de 33.032,41 euros, financiado con achegas do Concello de Abadín e da Deputación de Lugo.
A actuación ten como obxectivo mellorar as condicións deste equipamento municipal e adaptar o espazo para o seu uso por parte da veciñanza durante todo o ano.
Os traballos inclúen o peche e acondicionamento do pavillón, co propósito de facelo máis funcional e axeitado para as necesidades dos usuarios.
Desde o Concello destacan que esta intervención permitirá poñer en valor os equipamentos municipais e ofrecer á veciñanza espazos renovados e con mellores condicións de uso.