Novas de Abadín
A Xunta explica en Abadín a instrución para axudar a propietarios forestais a frear a banda marrón
Lembrou ademais que desde a chegada desta doenza aos montes galegos vense ofrecendo aos particulares a posibilidade de realizar tratamentos gratuítos
Gontán acolleu un novo cargue de poldros da Terra Chá con destino internacional
O destino final dos poldros é Italia, un país onde o consumo deste tipo de carne conta cunha maior implantación
O Concello de Abadín asume a titularidade dun tramo da estrada N-634
A cesión afecta ao tramo comprendido entre os puntos quilométricos 605+150 e 605+875 da citada vía, cunha lonxitude total de 725 metros e unha superficie aproximada de 13.707 metros cadrados
Unhas 3.000 personas participaron no programa E Para dixitalizarse, Lugo da Deputación
Esta iniciativa, financiada con 750.000 euros de fondos europeos e que rematará o vindeiro 20 de marzo, incluíu máis de 400 formacións gratuítas e presenciais
Abadín acolleu a presentación do libro 'O San Cosme da Montaña' cunha ampla asistencia de público
O acto converteuse nunha destacada cita cultural que reuniu numeroso público interesado en coñecer máis polo miúdo as raíces e o patrimonio local
Abadín celebra o 17º aniversario da apertura cunha gran festa chea de música e emoción
Un dos momentos máis destacados da celebración foi a actuación da Coral Polifónica
O Concello de Abadín impulsa dúas novas obras públicas por máis de 320.000 euros
Ambas actuacións atópanse actualmente pendentes de contratación e forman parte da estratexia municipal para continuar reforzando os servizos e as infraestruturas locais
Convocada en Gontán unha charla informativa sobre a macroplanta de biometano
A mobilización está impulsada pola plataforma Stop Biogás Abadín, co apoio doutras organizacións como o Sindicato Labrego Galego e Adega
O Concello de Abadín renovará o ximnasio municipal e habilitará un novo salón de actos
A actuación contará cun orzamento de 51.144,63 euros, financiados pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Agader
Unha nova edición de Expogrelo celebrarase este sábado en Abadín
O recinto feiral de Gontán acollerá este evento a partir das 10.00 horas
A Comunidade de Montes de Labrada convoca a súa asemblea xeral ordinaria para o sábado
Someteresa á consideración da asemblea a autorización á Xunta Reitora para solicitar axudas en beneficio do monte veciñal, así como o deslinde con Castromaior
Organizan en Abadín un curso sobre atención a persoas dependentes
Está dirixido a traballadores e traballadoras ocupadas e impartirase na modalidade de teleformación
Abadín prepara a festa de Entroido para o domingo 15
O desfile estará dotado con grandes premios en metálico para charangas, grupos e comparsas, parellas, individuais e comparsas mixtas
O festival Rumboia Viva de Abadín celebrarase este ano o 27 de xuño
O colectivo traballa no deseño do programa pero asegura que haberá moitas actividades e tamén novidades
O Concello de Abadín anuncia un novo servizo de carga de poldros no mercado de Gontán
O servizo celebrarase o sábado 7 de febreiro durante a mañá
Vilarente, en Abadín, prepara a celebración do Entroido para o día 14
A programación dará comezo ás 13.00 horas cunha sesión vermú amenizada pola música de Lucía Nieto
A CHMS termina traballos de conservación en 61 quilómetros de ríos da comarca de Terra Chá
Incluíron unha actuación especial que se executou no espazo natural que conforma a Lagoa de Fonmiñá
O PSOE de Abadín reclama un Pleno extraordinario para pedir a volta do médico trasladado a Vilalba
Os socialistas reclaman unha resposta inmediata ante unha decisión "que deixa a Abadín cunha atención sanitaria insostible"
O CEIP de Abadín organiza o domingo un xantar de Nadal solidario
O obxectivo é recadar fondos para a viaxe de fin de curso do alumnado de 6º de Educación Primaria
Abre o venres en Abadín unha exposición fotográfica sobre Afganistán
A mostra reúne trinta imaxes acompañadas de paneis informativos, uniformes e diverso material que achegan ao público á realidade xeográfica, social e económica do país
Moncelos acolle este domingo unha nova representación de teatro afeccionado
A asociación Ponte Vella anima a toda a comunidade a participar e lembra que a entrada é libre ata completar aforo
Abadín remata a obra de mellora doutra vía do rural
Os traballos realizados incluíron a limpeza e acondicionamento das cunetas, así como a aplicación de aglomerado en quente ao longo de todo o percorrido
A Asociación Afouteza celebra o próximo mércores un obradoiro de cociña de Nadal en Abadín con Alberto Saavedra
Esta iniciativa pretende fomentar a aprendizaxe gastronómica e crear un espazo de encontro arredor da cociña, nun ambiente distendido e participativo





