Novas de Abadín
Abadín non facilitará a instalación de plantas de biogás e solicita á Xunta unha regulación ordenada
O seu posicionamento prodúcese despois de que o Goberno galego anunciase unha moratoria coa que pretende ordenar as solicitudes e establecer criterios para evitar unha proliferación descontrolada
O SLG e Stop Biometano Abadín solicitan unha reunión co alcalde para abordar a moratoria das plantas de biogás
Así mesmo, solicitan información sobre a reunión mantida o 12 de novembro entre o alcalde de Abadín e o conselleiro de Medio Ambiente, Nicolás Vázquez Iglesias
O alcalde de Abadín reúnese co novo conselleiro de Medio Ambiente
Ademais de abordar cuestións relacionadas coa xestión dos residuos municipais, Nicolás Vázquez lembroulle ao rexedor que a Xunta convoca cada ano axudas nesta materia
O PSdeG de Abadín pide a reparación da Cruz da Misión, que leva derrubada máis dun ano
Pablo Díaz pide ao goberno municipal que aclare se soliticou o orzamento anunciado polo alcalde e que xestións realizou coa aseguradora para recuperar o cruceiro de Moncelos
Abadín inicia as obras de mellora de varios camiños municipais
As actuacións afectan aos accesos aos núcleos da Choqueira, Chao do Covo, Carballal e Tezán e contan cun investimento de 105.971,50 euros financiado polo Plan de Camiños Rurais 2026
Abadín mellora os accesos ao local social de San Xoán de Vilarente cun investimento de máis de 21.600 euros
O Concello está a realizar traballos de limpeza, acondicionamento e pavimentación para facilitar a chegada ás instalacións e mellorar os espazos comúns da parroquia
Abadín remata a renovación do alumeado público con tecnoloxía LED
A actuación contou cun orzamento de 77.688,05 euros e foi financiada a través do Fondo de Compensación Ambiental
O PSdeG de Abadín critica ao PP polas deficiencias na recollida de lixo en Galgao e Montouto
O voceiro socialista alerta de que, tras máis de cinco anos de denuncias, hai familias que seguen obrigadas a trasladar o lixo entre tres e catro quilómetros nos seus propios vehículos
Abadín inicia as obras de mellora de oito camiños rurais do municipio
As actuacións abranguen vías situadas nas zonas do Valado, Zonán, As Veiguiñas, Os Tarraxís, A Choqueira, Chao do Covo, Carballal e Tezán
A Deputación de Lugo remata a mellora da estrada LU-P-0108 entre Fosas e Canteirada, en Abadín
Os traballos incluíron a reapertura das cunetas para mellorar a drenaxe, o acondicionamento do firme mediante o estendido de aglomerado en quente e a reposición da sinalización vertical e horizontal
Abadín reforma un edificio municipal para mellorar os espazos públicos e deportivos
A actuación contou cun investimento de máis de 51.000 euros, dos que preto de 44.000 proceden de axudas públicas
A Graña celebra as festas na honra da Nosa Señora do Rosario desde o venres
A noite do sábado, a música regresará coa verbena protagonizada polas orquestas D'Noche e París de Noia
O PSdeG reclama á Xunta que escoite a veciñanza de Abadín ante o proxecto da planta de biometano
Lara Méndez participou na protesta contra a instalación e defendeu unha regulación específica para este tipo de proxectos
O Concello de Abadín remata as obras de acondicionamento e peche do pavillón de Baroncelle
A actuación permitiu mellorar as condicións de uso do equipamento cun novo peche exterior e amplas superficies acristaladas, cun investimento de 33.032,41 euros
O PSdeG acusa á Xunta de ter "un modelo improvisado e imposto" sobre a instalación de plantas de biogás
Patricia Iglesias reclamou unha planificación “xusta e racional” fronte ao “despropósito” que o Goberno galego “está executando de costas ao territorio e de costas á xente”
Abadín pon en marcha as súas Escolas Deportivas cunha programación para todas as idades
A iniciativa, que comeza este mes de outubro, ofrece actividades de bádminton, fútbol, patinaxe e natación, con varias propostas gratuítas
Eventos
OcioenGalicia
Programa de Navidad de Vilalba
OcioenGalicia
Mercado de Primavera de O Valadouro 2027
OcioenGalicia
Nadal As Pontes
Socialistas de Abadín reclama unha solución aos problemas de evacuación da auga no barrio do Coido
Pablo Díaz denuncia que a última tormenta puxo en evidencia a insuficiencia das arquetas e das reixas instaladas na parroquia, onde unha familia con dúas nenas pequenas teme novos episodios de choiva intensa
A Deputación inviste 200.000 euros na reparación dunha estrada en Abadín
Trátase dun tramo de case quilómetro en medio da LU-P-0101 que une o núcleo de Gontán con Ferreira do Valadouro
O alcalde de Abadín asegura que non existe ningún proxecto presentado para instalar plantas de biogás
Nunha carta dirixida aos veciños e veciñas, o rexedor explica que a empresa promotora non rexistrou ningún proxecto para a súa tramitación municipal
A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026: consulta canto durará en cada concello da Terra Chá
Os municipios da Terra Chá preparan a observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto, un fenómeno histórico que permitirá contemplar máis dun minuto de totalidade en toda a comarca
A eclipse na comarca da Terrachá: Consulta cando ver a eclipse no teu Concello
A Terra Chá situaranse entre as zonas de Galicia con maior duración da eclipse total, cun fenómeno que superará o minuto e medio en boa parte do territorio
A vaga de calor leva a Abadín a pedir un consumo responsable da auga para garantir o abastecemento
O Concello chama á colaboración da veciñanza tras o aviso da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola escaseza de precipitacións e a situación de prealerta por seca
O PSOE de Abadín cuestiona as prioridades do investimento municipal en Vilarente
Os socialistas recollen unha denuncia veciñal sobre o estado dunha pista e critican o gasto de máis de 12.000 euros na mellora do palco de Seivane






