Abadín incorpora unha nova retroescavadora cun investimento de máis de 123.000 euros

TerraChaXa
Con esta adquisición, o Concello busca reforzar os recursos materiais dispoñibles para atender as necesidades da veciñanza e mellorar a prestación dos servizos públicos municipais
retroescavadora-abadin
13 Oct 2026

O Concello de Abadín adquiriu unha nova retroescavadora para reforzar os medios da maquinaria municipal e mellorar os traballos de mantemento e conservación das infraestruturas e dos servizos públicos do municipio.

A adquisición supuxo un investimento de 123.420 euros e foi adxudicada á empresa Ibergruas S.A. A compra conta co financiamento da Xunta de Galicia a través do Fondo de Compensación Ambiental.

A incorporación desta maquinaria permitirá ampliar a capacidade de actuación dos servizos municipais e facilitar as tarefas de mantemento e mellora das infraestruturas locais, así como a conservación do territorio.

Con esta adquisición, o Concello busca reforzar os recursos materiais dispoñibles para atender as necesidades da veciñanza e mellorar a prestación dos servizos públicos municipais.

0.1554069519043