Gálgao prepárase para a Romaría de San Cosme da Montaña a próxima fin de semana

A parroquia de Gálgao, no municipio de Abadín, celebrará a próxima fin de semana a Romaría de San Cosme da Montaña, unha cita festiva na honra de San Cosme e da Virxe do Rosario que reunirá veciñanza e visitantes.
A programación comezará o sábado 26 de setembro con misas solemnes ás 13:00 horas, seguidas da procesión e dunha sesión vermú amenizada por Fuxsión Latina. Pola noite terá lugar unha gran verbena, tamén con Fuxsión Latina e coa actuación do Trío Calibre.
O domingo 27 haberá misas ás 10:00, 11:30 e 13:00 horas pola mañá, así como outra celebración ás 17:30 horas. A partir das 14:30 horas comezará a sesión vermú, mentres que pola tarde a música correrá a cargo de Manhathan.
A xornada do domingo contará tamén con servizo de comida no campo cuberto con carpa, con empanada, xamón cocido, polbo, churrasco e chourizos, entre outras propostas.
A organización agradece a colaboración da veciñanza e dos anunciantes que fan posible a celebración desta romaría e lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.