A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026: consulta canto durará en cada concello da Terra Chá

TerraChaXa
Os municipios da Terra Chá preparan a observación da eclipse total de Sol do 12 de agosto, un fenómeno histórico que permitirá contemplar máis dun minuto de totalidade en toda a comarca
eclipse-total-de-sol-recurso
12 Aug 2026

A eclipse total de Sol do 12 de agosto de 2026 converterá a comarca da Terra Chá nun dos mellores lugares de Galicia para contemplar este espectacular fenómeno astronómico. Os concellos de Vilalba, Guitiriz, Cospeito, Castro de Rei, A Pastoriza, Abadín, Xermade, Begonte e Muras quedarán dentro da franxa de totalidade, o que permitirá observar como a Lúa oculta completamente o Sol durante máis dun minuto en todos os casos.

Trátase dun acontecemento excepcional, xa que unha eclipse total visible nestas condicións non volverá repetirse na Península Ibérica ata dentro de varias décadas. Por iso, espérase a chegada de milleiros de visitantes e afeccionados á astronomía aos distintos municipios da comarca.

Segundo os datos publicados pola plataforma especializada Eclipseando.es, os tempos de totalidade variarán lixeiramente segundo a localización. Castro de Rei será un dos concellos da comarca onde máis durará a eclipse total, seguido de Cospeito, Begonte e Vilalba, con diferenzas de apenas uns segundos entre eles. Pola súa banda, municipios como Muras, Abadín ou Xermade tamén superarán amplamente o minuto de totalidade, ofrecendo condicións moi favorables para seguir o fenómeno.

Que concellos terán as mellores condicións para ver a eclipse?

Ademais dos horarios e da duración do fenómeno, Eclipseando.es realizou unha análise detallada do relevo dos 144 concellos galegos para determinar como pode influír a orografía na observación da eclipse. O estudo emprega modelos dixitais do terreo e ten en conta a posición exacta do Sol durante a totalidade, cando estará moi baixo sobre o horizonte oeste, entre os 10 e os 12 graos de altura.

Esta análise indica que a maior parte da Terra Chá presenta condicións especialmente favorables para observar a eclipse grazas ao seu relevo suave e á ausencia de grandes barreiras montañosas no horizonte occidental. Concellos como Vilalba, Cospeito, Castro de Rei, Begonte, Guitiriz ou A Pastoriza destacan por contar, en xeral, con horizontes máis despexados que outras zonas de Galicia.

Aínda así, os especialistas recomendan escoller lugares elevados, afastados de obstáculos e con ampla visibilidade cara ao oeste para garantir unha observación óptima.

Como saber se o lugar elixido é adecuado?

Os expertos lembran que os cálculos realizados teñen en conta unicamente o relevo natural e non elementos como edificios, árbores ou outras estruturas que poidan bloquear a visión do Sol. Por iso, aconsellan visitar previamente o punto desde o que se pretende seguir a eclipse.

Unha forma sinxela de comprobalo é acudir ao lugar o 11 de agosto, á mesma hora na que se producirá a totalidade. Nese momento o Sol atoparase practicamente na mesma posición que durante a eclipse, permitindo verificar se o horizonte está completamente despexado.

A eclipse do 12 de agosto de 2026, municipio a municipio · TerraChá

21 municipios dentro da totalidade · Datos de Eclipseando

Contido proporcionado por eclipseando.es.

Concello Inicio da totalidade Fin da totalidade Duración Sol tapado Altura do Sol
Abadín 20:28:00 20:29:41 101 s 100,0 % 11,3°
Muras 20:27:59 20:29:39 100 s 100,0 % 11,5°
Meira 20:28:00 20:29:39 99 s 100,0 % 11,1°
As Pontes 20:27:17 20:28:54 97 s 100,0 % 11,6°
Castro de Rei 20:28:02 20:29:39 97 s 100,0 % 11,2°
Cospeito 20:28:03 20:29:39 96 s 100,0 % 11,3°
Pol 20:28:03 20:29:39 96 s 100,0 % 11,1°
Vilalba 20:28:04 20:29:39 95 s 100,0 % 11,4°
Xermade 20:28:03 20:29:37 94 s 100,0 % 11,5°
Begonte 20:28:04 20:29:33 89 s 100,0 % 11,3°
Outeiro de Rei 20:28:04 20:29:32 88 s 100,0 % 11,3°
Rábade 20:28:04 20:29:32 88 s 100,0 % 11,3°
Guitiriz 20:28:04 20:29:28 84 s 100,0 % 11,5°
A Pastoriza 20:28:01 20:29:43 102 s 100,0 % 11,2°
Riotorto 20:28:00 20:29:44 104 s 100,0 % 11,1°
Friol 20:28:04 20:29:22 78 s 100,0 % 11,4°
0.12170100212097