A Deputación inviste 200.000 euros na reparación dunha estrada en Abadín

A xunta de goberno da Deputación de Lugo mobilizou este venres 791.911,01€ para acondicionar cinco estradas provinciais nos concellos de Lugo, O Corgo, O Saviñao e Abadín. Unha inversión que a voceira socialista do goberno enmarcou “na nosa aposta por seguir mellorando a mobilidade da provincia”. Así o informou na rolda de prensa posterior á reunión semanal que tivo lugar no Pazo de San Marcos.
Na reunión desta mañá se adxudicou un proxecto por máis de 200.000€ a CHOLO SL para arranxar dous treitos de dúas estradas en Abadín. Un tramo de case quilómetro en medio da LU-P-0101 que une o núcleo de Gontán con Ferreira do Valadouro. O outro treito, tamén de algo máis dun quilómetro e medio, correspóndese á LU-P-3106, a vía que une Os Remedios con Romariz.
Os traballos tamén contan cun prazo de catro meses desde o seu inicio e consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado e sinalización.
“Como sabedes, a mellora da mobilidade é unha prioridade para este goberno porque entendemos que unha rede de estradas segura e ben acondicionada permítenos conectar mellor os nosos concellos, facilitar o acceso aos servizos e xerar oportunidades, especialmente no rural. E todo isto facémolo, tal e como o demostramos en cada xunta de goberno, goberne quen goberne. Esa é a nosa forma de traballar: sen importar a cor política”, salientou a voceira socialista.